O alcalde de Cuntis consensúa cos afectados o proxecto de mellora do polígono da Ran
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, xunto cos técnicos redactores do plan de sectorización do polígono industrial da Ran, mantiveron este martes unhas reunións de traballo sobre o desenvolvemento do proxecto de mellora e de humanización deste parque.
Pola mañá reuniuse cos portavoces dos grupos políticos para informarlles do devandito proceso. Pola tarde, a primeira reunión foi coas comunidades de montes de Meira, A Coba, Guldrigáns, Trasponte e Calvos.
Na reunión o alcalde e o equipo redactor explicaron minuciosamente como se realizará o proceso de expropiación dos terreos empezando polos que conforman o viario principal do polígono e continuando polos que ocupará o plan de sectorización do mesmo.
O Concello, pola súa banda, mantivo a vontade de negociar cos comuneiros e dar unha solución definitiva á zona industrial da Ran. As comunidades de montes dixeron estar abertas a negociar e a facilitar o desenvolvemento da zona industrial.
A segunda reunión foi cos empresarios asentados na zona industrial da Ran aos que tamén se lles explicou o proceso para seguir e mostráronse maioritariamente partidarios de comprar as parcelas nas que se atopan neste momento.
O alcalde valora moi positivamente esta reunións e considerase "un paso primordial para o desenvolvemento da Ran, unha infraestrutura necesaria para o pobo de Cuntis".
Relacionadas:
-
Cuntis inicia a contratación da mellora de seguridade viaria do polígono da Ran
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local de Cuntis traslada á conselleira de Infraestruturas diversas demandas municipais
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis pide fondos á Deputación para mellorar o polígono da Ran e crear un viveiro de empresas
Por Redacción |
-
Cuntis acusa á Xunta de "falta de interese" por potenciar o polígono da Ran
Por Redacción |