Sen danos no ADN pola recollida do chapapote do Prestige
Por Redacción
Segundo unha información da Cadena SER baseada nunha investigación realizada pola Unidade de Toxicoloxía da Universidade da Coruña, o dano no ADN dos afectados durante a catástrofe xa non se atopa presente no organismo e, por este motivo, desaparecen as maiores posibilidades que tiñan de padecer cancro.
Os voluntarios que traballaran na recollida do chapapote tras a chegada do fuel ao litoral galego sen tomar medidas adecuadas de protección sufriran danos no material xenético e no sistema respiratorio. Eses danos desapareceron pasados sete anos.
Para realizar a investigación, os científicos mantiveron durante tres semanas a dous grupos diferentes de ratas empregando unha cámara de inhalación para reproducir a mesma exposición á presenza do fuel.
Mañá, dez anos despois da catástrofe, comezará o xuízo polo desastre do Prestige no recinto feiral ExpoCoruña. Está previsto que a vista dure oito meses e a reclamación por danos e prexuízos en materia de responsabilidade supera os 2.200 millóns de euros. Entre as testemuñas citadas a declarar neste proceso atópase o ex ministro de Fomento, Francisco Álvarez Cascos.
A Plataforma Nunca Máis convocou unha concentración ás portas do recinto feiral coruñés ante o inicio do xuízo e vai fletar autobuses para todos aqueles que queiran asistir a este acto reivindicativo. Os interesados deberán apuntarse nos locais sindicais de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Presentan o documental '20 anos de dignidade' da plataforma Nunca Máis no Pazo da Cultura
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Nunca Máis de Pontevedra maniféstase hoxe na Coruña no inicio do xuizo do Prestige
Por Redacción |
-
A Plataforma Nunca Máis volve para evitar outro "Prestige"
Por Anxo Lourido |
-
Os concellos pontevedreses reclaman 1,9 millóns polos danos do Prestige
Por Oskar Viéitez |