Máis de 800 inmigrantes de 58 países residen actualmente en Marín
Por Redacción
Un total de 836 persoas de 58 nacionalidades diferentes residen actualmente en Marín. Este foi un dos datos que se analizaron na xuntanza do Consello de Inmigración do municipio.
A poboación estranxeira máis numerosa é a que procede de Ghana con 208 persoas, seguido de Marrocos, país do que viñeron outras 177 persoas.
En todos os casos, segundo o análise deste consello, tiveron unha acollida moi positiva na vila.
Dende o Concello valoran este tipo de reunións, nas que se traballa pola consecución dun maior nivel de benestar, así como pola autonomía e a integración social das persoas inmigrantes que veñen a establecerse en Marín.
Ademais, o goberno municipal tamén mantivo un encontro coas institucións sociais e benéficas que traballan en Marín.
Asistiron representantes de todas as ONG do municipio: Comedor Benéfico, Ayuda en Acción Sor Elvira, SOS, AMENAC, Cáritas y Cáritas Santomé.
Estas reunións de traballo se realizan cada dous meses para coordinar as accións e avaliar as necesidades en materia social na vila.