O conselleiro de Sanidade presenta o plan de reforma do centro de saúde da Illa de Arousa
Por Redacción
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou este luns o centro de saúde da Illa de Arousa para presentar o plan de reforma das instalacións do centro.
Estas obras son o resultado dun acordo asinado entre a Consellería de Sanidad e o Concello da Illa de Arousa para mellorar as condicións de accesibilidade do centro de saúde e favorecer unha maior independencia funcional dos actuais usuarios. Na actualidade 4.675 persoas reciben asistencia de atención primaria neste centro.
A Consellería prevé licitar o proxecto en outubro e terá un orzamento de 412.946,36 euros
A día de hoxe o centro de saúde comparte edificio e accesos coas oficinas do Instituto Social da Mariña (ISM) e unha cafetería que non está en funcionamento. Con estas obras preténdese dotar ao centro de saúde dun acceso independente ao do ISM e anexionar a cafetería para poder ampliar as instalacións. Para isto, se construirán novas escaleiras e se vai instalar un ascensor.
Ademais dos cambios de distribución necesarios para a reorganización de espazos como consecuencia da ampliación e as correspondentes melloras de revestimentos, iluminación e carpinterías, haberá intervencións nas fachadas.
Estas intervencións teñen como obxectivo adecuarse a nova distribución interna, garantir a privacidade das consultas e mellorarán o comportamento térmico do edificio, grazas á substitución de toda a carpintería.