Un lustro de existencia de PontevedraViva
Por Redacción
Este 1 de outubro de 2017, PontevedraViva cumpre 5 anos do seu inicio de actividade. Este aniversario supón unha satisfacción para todas as persoas que formamos parte deste proxecto profesional que se iniciou para ofrecer unha alternativa aos medios de comunicación tradicionais cunha fórmula de información dixital con contidos de carácter local utilizando como ferramentas de difusión as redes sociais.
O equipo foi crecendo ao longo dos anos do mesmo xeito que a dimensión do proxecto, que se ampliou coa incorporación de PontevedraViva Radio.
Seguiremos traballando co obxectivo de ofrecer unha información plural e de seguir mellorando día a día para ofrecer mellores contidos. Como sempre, tentaremos seguir estreitando lazos cos nosos lectores e cos nosos seguidores.
O éxito deste proxecto é de todas esas persoas que nos apoiastes e que seguides colaborando de múltiples formas con PontevedraViva. Grazas por estar aí!!!