Que só haxa unha guerra, a de almofadas!
Por Redacción
A actriz Andrea Bayer, mestra de cerimonias, reclamaba a todos os participantes que foran ao fondo da praza do Teucro para iniciar unha carreira ata o escenario armados coas almofadas. Así comezaba a máis divertida das batallas, a de golpes agarimosos empregando as cabeceiras entre adultos e menores.
Esta actividade encádrase dentro do Festival das Núbebes que se está realizando durante as fins de semana en distintos espazos de Pontevedra. Decenas de nenos participaban nesta guerra sen feridos, animados pola actriz pontevedresa.
Desta forma, Andrea Bayer animaba a que se golpeasen lembrando aos nenos como se enfadaban os pais cando realizaban algunha travesura ao mesmo tempo que incitaba aos proxenitores para ter en conta as noites de insomnio debido aos choros dos seus fillos.
O festival finaliza este domingo 1 de outubro con actividades de mañá e tarde na Casa Azul, no Padroado Rías Baixas e na Casa das Campás. O broche final poñerao o concerto 'Viaxe a Fantasía' con Roque, que se desenvolverá no Teatro Principal a partir das 18.00 horas.
Relacionadas:
-
Máis espazos e máis pases para os espectáculos familiares do Festival das Núbebes
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O V Festival das Núbebes, cita irrenunciable se acaba de medrar a familia
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Roque acende a Núbebe
Por Mónica Patxot |
-
Volve o Festival das Núbebes coa novidade de venda de entradas por internet
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |