Prosagal denuncia saturación en Urxencias e Reanimación debido á falta de camas
Por Redacción
O colectivo Prosagal de traballadores dos hospitais de Pontevedra denuncian que este xoves o servizo de urxencias atopábase desbordado no Hospital Montecelo.
Sinalan que os pacientes mantíñanse "hacinados" en espera de cama e tiveron que permanecer durante moitas horas á espera dunha habitación en condicións ata o punto de que o venres aínda algúns se atopaban agardando por unha cama.
Este sindicato afirma que o servizo de reanimación tamén se atopaba completo e os pacientes á espera dunha habitación dispoñible para a súa recuperación en compañía dos familiares, dentro das unidades correspondentes ás súas patoloxías.
Prosagal indica que non hai dispoñibilidade de camas en Reanimación e asegura que este tipo de situacións, co mantemento de peche de camas hospitalarias por parte da Xerencia do Complexo Hospitalario, provoca unha diminución na calidade dos servizos e da atención sanitaria para os usuarios.
Relacionadas:
-
Sanidade nega o peche de camas en Montecelo: "Hai certa holgura para ingresar"
Por Redacción |
-
Prosagal pide o apoio dos partidos políticos ante a saturación dos centros hospitalarios
Por Redacción |
-
Advirten de que a prolongación do peche de camas redunda na calidade asistencial
Por Oskar Viéitez |
-
Prosagal convoca concentracións nos hospitais de Pontevedra para reclamar a reapertura de camas
Por Redacción |
-
Denuncian que máis de 40 pacientes están á espera de cama en Montecelo
Por Redacción |
-
Prosagal protesta nas rúas contra o peche de camas hospitalarias durante o verán
Por Mónica Patxot & Redacción |