Os arquitectos pontevedreses propagan a loita contra o cambio climático
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os arquitectos de Pontevedra visitarán o luns as Salinas do Ulló en Vilaboa, en concreto a Granxa das Salinas, a zona das marismas declaradas Espacio Natural Protexido pola Rede Natura 2000, as presas e os restos do muíño de mareas.
Ao acto coincide co Día Mundial do Hábitat e está enmarcado na loita contra o cambio climático. Asistirán representantes colexiais, autoridades locais e autonómicas, colexiados, e todas aquelas persoas interesadas en coñecer esta paraxe singular, exemplo antigo dunha explotación sostible dos recursos naturais e do territorio, e que a día de hoxe está en proceso de posta en valor das súas singulares características patrimonias, naturais e paisaxísticas.
A delegación pretende así implicarse, un ano máis, no necesario impulso para a conservación e recuperación de lugares de tan alto valor como este.
Durante o acto a celebrar ese día descubrirase unha placa conmemorativa e farase unha visita guiada por todo o ámbito das salinas.
Disporáse un autobús gratuito con saída dende praza de Galicia para todas as persoas que queiran achegarse a visita. Os interesados deben confirmar a súa dispoñibilidade de praza no mail xd.pontevedra@coag.es