O PP de Poio quere un referéndum na Caeira
Por Oskar Viéitez
O PP de Poio votou afirmativamente ao proxecto do goberno local de Poio para a humanización das rúas José Pernas Peña, Mato Calderón e a praza de Riestra, na Caeira, cun investimento total de 600.000 euros, presentado no pleno deste martes, sempre que "se lle consulte aos veciños calquera cambio no sentido da circulación".
Os populares supeditaron o seu apoio definitivo a esta actuación a que o goberno local lles facilite unha copia do proxecto "e, sobre todo, que consulte cos veciños a obra, e especialmente se hai cambios no sentido da circulación".
Moldes explicou que "ao final, os veciños son os grandes prexudicados ou beneficiados destas actuacións", e é fundamental que o goberno local conte coa súa opinión.
"Se queren transformar o acceso á Caeira en sentido único, teñen que informar e preguntarlles primeiro aos residentes na zona", explicou Moldes, que puntualizou que o apoio a esta obra está condicionada "a que sexan os veciños os que teñan a última palabra".