A Xunta probará a adherencia das curvas de Raxó
Por Oskar Viéitez
A Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciou a posta en marcha de ensaios de adherencia o luns para comprobar a situación do firme en dous puntos da PO-308 ao seu paso pola localidade de Raxó en Poio.
En concreto, as probas realizaranse nunha zona coñecida como a curva de Fontemaior e que se atopa limitada aos 50 km/h.
Neste tramo prodúcese unha alta concentración de accidentes. O último esta semana, o pasado luns un vehículo colidiu contra o muro dunha casa y, como consecuencia, duas personas resultaron feridas, e o xoves tocoulle a vivenda do lado, una muller nova bateu co seu coche contra a casa.
Segundo os atestados correspondentes, establecíase coma factor concurrente na maioría dos casos, a velocidade inadecuada e a choiva.
Deste xeito, segundo informou a Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, o luns 15 de octubro realizaranse varios ensaios de resistencia neste tramo co fin de comprobar as características desta calzada.
As probas consistirán en comprobar o deslizamento da capa de rodaxe usando o péndulo do Transport and Road Research Laboratory (TRRL) e se extraerán testemuñas nesta capa co fin de avaliar o coeficiente de pulimento acelerado (TPA) dos áridos utilizados na mestura.
Á vista dos resultados destes ensaios, tomarase unha decisión sobre a mellora deste tramo, se procede, para garantir a seguridade viaria.