Pontevedra poñerase 'en marcha' para loitar contra o cancro
Por Diego Espiño
A agrupación pontevedresa da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) prepara unha ruta de sendeirismo reivindicativa que se celebrará o próximo 8 de outubro co obxectivo de visibilizar a loita contra a enfermidade e recadar fondos para a investigación.
Serán 12 quilómetros de percorrido desde o encoro do Pontillón do Castro ata a cidade de Pontevedra "por sendas forestales y caminos preciosos. A mucha gente le va a sorprender", asegurou na presentación da actividade Virginia Álvarez.
Unha xornada que terá un importante transfondo pero desde un ambiente de celebración pola vida. Por iso, cada quilómetro estará vinculado a unha mensaxe de loita e positivismo da Asociación Española Contra o Cancro.
A AECC En Marcha se organiza en todas as provincias españolas pero que chega por primeira vez ao Concello de Pontevedra, con apoio tanto da administración local como da Deputación.
A ruta dará inicio ás 10:00 horas e contará con zonas de avituallamiento para os participantes, que poderán desprazarse ata o Pontillón do Castro en autobuses gratuítos que partirán desde a praza de San Roque ás 8:45 horas.
Para participar na andaina será necesario incribirse previamente na sede local da AECC (rúa Augusto González Besada 9) ou a través do mail pontevedra@aecc.es, achegando un donativo de 6 euros menos os menores de 12 anos, que deberán ir acompañados polos seus pais.
Relacionadas:
-
Piden máis investigación contra o cancro cunha marcha solidaria en Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Asociación contra o Cancro volve saír á rúa lembrándose dos enfermos de cancro que viven sós
Por Redacción |
-
O 65% dos enfermos de cancro piden servizos de estética para mellorar a súa día a día
Por Redacción |
-
Éxito de participación na andaina solidaria por montes e praias de Marín
Por Redacción |