O PP volve quedar fóra doutro acordo sobre o Pazo de Meirás
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres unha moción para instar á incorporación ao patrimonio público do Pazo de Meirás, propiedade da familia Franco e xestionado agora pola fundación que homenaxea ao ditador.
A coalición electoral SON acordou con BNG e PSOE aprobar o texto non sendo posible alcanzar un acordo co Partido Popular.
Os deputados populares presentaron o seu propio texto alternativo no que pedía que se analizasen os mecanismos que os permitan dentro da legalidade vixente e que se trasladase á Fundación Franco unha enérxica condena pola apoloxía da ditadura.
A iniciativa popular foi rexeita ao considerar o resto de grupos que esta proposta xa estaba incluída na súa, que era moito máis completa. O PP non cedeu na súa postura e abstívose na votación final.
MESA PROVINCIAL DE TURISMO
Tampouco tivo éxito outra moción do PP para impulsar a creación dunha mesa provincial de turismo que igualmente foi rexeitada.
Onde si houbo unanimidade foi na aprobación do regulamento para un uso da linguaxe inclusivo no ámbito da institución provincial. Esta iniciativa do goberno de Carmela Silva recibiu a felicitación da oposición.
Relacionadas:
-
Homenaxe ás vítimas da represión franquista en Lérez
Por Redacción |
-
Piden ao Concello que recupere o cruceiro que a corporación de 1938 lle regalou a Franco para o Pazo de Meirás
Por Oskar Viéitez |
-
O pleno aproba dúas mocións reclamando a recuperación do Pazo de Meirás co apoio de todos os partidos excepto o PP
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O uso do Pazo de Meirás como símbolo franquista acapara os discursos de homenaxe a Bóveda
Por Cristina Saiz & Diego Torrado & Anxo Lourido |