Os socialistas urxen a recuperación do parque de Cotorredondo
Por Redacción & Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A deputada socialista María Pierres reclamoulle este venres ao goberno galego que "cumpra cos seus compromisos cos concellos de Marín e Vilaboa e elabore canto antes un plan director para a recuperación do parque de Cotorredondo". A deputada socialista visitou o lago de Castiñeiras onde presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar a dinamización deste espazo natural.
A responsable socialista lembrou os reiterados compromisos e convenios asinados polo goberno galego cos concellos que integran este parque, así como con diferentes colectivos sociais, o que non impediu o abandono do recurso. O enclave natural, dixo, amosa hoxe cercados derrubados, maleza, camiños intransitables, instalacións pechadas e abandonadas, sinalización deficiente e viais intransitables.
Pierres coincidiu cos representantes das comunidades de montes de Santa Cristina de Cobres e de Vilaboa, que a acompañaron na visita, xunto co alcalde de Vilaboa, José Luis Poceiro, en que a situación do maior parque de esparcemento da provincia, historicamente un centro de encontro e de desfrute da natureza, deriva do "ínfimo mantemento e investimento realizados nos últimos anos".
Ademais criticou o "agravio comparativo" coa marxe de Vilaboa do lago, por canto a parte de Marín recibiu uns novos asadoiros que aínda non foron tramitados para a marxe de Vilaboa logo de ano e medio de espera.
Por iso reclámalle ao goberno galego que elabore un plan director que "analice as carencias actuais" do parque, dote de servizos e funcións ás edificacións e instalacións do parque. Urxe ademais a "planificar no tempo as actuacións de rehabilitación, construción, limpeza, recuperación medioambiental e mantemento precisas", dotándoo do orzamento preciso para o ano 2018 e seguintes.
Relacionadas:
-
Os socialistas denuncian o abandono do Parque de Cotorredondo por parte da Xunta
Por Redacción |
-
A Deputación concederá unha axuda para crear o parque forestal Miradoiro de Cotorredondo
Por Redacción |
-
En Castiñeiras xa cheira a churrasco
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
O BNG levará ao Parlamento o "grave" estado de abandono de Castiñeiras
Por Redacción |