A tartaruga Beo retorna ao mar despois de recuperarse no acuario do Grove
Por Redacción
A tartaruga mariña Beo volveu ao seu medio natural despois de pasar un longo proceso de recuperación nas instalacións do acuario do Grove. Este exemplar atópase incluído no catálogo galego de especies vulnerables e fora recollida na praia Beo de Malpica.
O persoal de campo do departamento de Medio Ambiente que a asistiu bautizouna co mesmo nome do areal. Presentaba amputación dunha aleta pectoral dereita, diversas lesións cicatrizadas ao longo do seu corpo, ademais de desnutrición e deshidratación cando foi recollida.
Tras a primeira fase de recuperación nas instalacións da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) en Nigrán, a tartaruga Beo foi trasladada ás piscinas do acuario do Grove, onde xa podía nadar e fortalecerse en compañía doutras especies. No mes de abril, despois de pasar alí todo o inverno, púidose reintegrara para a súa aclimatación.
Beo logrou chegar a un peso de 1,70 quilogramos e un tamaño de 25 centímetros. Recuperou, ademais, as súas habilidades para nadar e mergullarse a pesar da falta da aleta. Por este motivo, desde a Consellería de Medio Ambiente decidiuse que pode volver ao mar.
Desta forma, durante as últimas horas embarcaba no TYBA III, no porto do Grove, para ser soltada no seu medio natural, a 12 millas da costa galega.