Bará pide á Xunta que obrigue a Fenosa a soterrar a liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Redacción
O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará, preguntou ao goberno galego polos prazos e situación actual do proxecto de soterramento da liña de alta tensión que atravesa o barrio de Monte Porreiro ante as continúas demoras na execución das obras.
O parlamentario do BNG afirmou que o concello de Pontevedra recibiu diferentes proxectos de Unión Fenosa pero ningún relativo ao soterramento desta liña eléctrica, "unha vella demanda da veciñanza" que finalmente foi plasmada nun convenio entre o concello de Pontevedra, a consellería de Industria, ambos gobernados polo BNG, e Unión Fenosa.
O concello de Pontevedra, engadiu Bará, cumpriu a parte que lle correspondía do convenio coa execución do soterramento dos tubos e aportando 500.000 euros. Posteriormente, o concello dirixiuse á Xunta para formalizar un novo convenio que continuara as obras ante a paralización do investimento por parte de Unión Fenosa, obras que ascendían a cerca dun millón de euros.
No mes de marzo de 2017, tras o acordo do Concello de Pontevedra e a proposición non de lei do BNG defendida no Parlamento galego, Unión Fenosa fixo público o anuncio da execución das obras e mesmo da ampliación do seu ámbito. Neste sentido, o parlamentario preguntou ao director xeral de Industria que xestións realizou a Xunta dende marzo de 2017 para impulsar e axilizar o soterramento da liña de alta tensión.
O deputado recalcou que o concello de Pontevedra "non ten competencias para soterrar liñas eléctricas e nin a Xunta nin o concello ten por que pagarlle a Unión Fenosa este investimento".
Ademais preguntou que xestión prevé realizar a Xunta de Galicia para que se cumpra a previsión de executar as obras no ano 2018.
Relacionadas:
-
Fenosa pode soterrar "cando queira" a liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |
-
O PP anuncia o "inminente" inicio do soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
Toda a corporación municipal urxe o soterramento do transformador en Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
Marea pide soterrar o transformador eléctrico de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Moreira pide á Xunta que permita a Elnosa garantir os investimentos previstos na súa fábrica de Lourizán
Por Redacción |
-
O BNG preguntará á Xunta polo soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
A liña de alta tensión de Monte Porreiro estará soterrada en 2018
Por Redacción |
-
O Bloque pedirá á Xunta o soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta devolve ao tellado do Concello o atraso no soterramento da alta tensión de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Cores Tourís asegura que o Concello "discrimina" aos veciños de Monte Porreiro por non soterrar a liña de alta tensión
Por Oskar Viéitez |
-
Protestan contra Xunta e Concello pola alta tensión
Por Oskar Viéitez |