Telmo Martín propón a suspensión das licenzas dos chans urbanizables en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
O goberno local de Sanxenxo propuxo a suspensión das licenzas dos solos urbanizables.
O Plan Xeral de Ordenación Urbana, aprobado en 2003, contempla 30 solos urbanizables que suman unha extensión de 257 hectáreas, o que supón o 5,5% do territorio municipal que abarca 4.400 hectáreas.
O obxectivo da medida que impulsa o goberno de Telmo Martín e que se someterá á súa aprobación no pleno da próxima semana é "mellorar a ordenación dos solos urbanizables, reducindo o número de vivendas e aumentando as zonas verdes e os espazos públicos en xeral". O prazo para levar a cabo esta medida é dun ano.
Os 30 solos urbanizables contemplan un total de 6.914 vivendas, cifra que 14 anos despois de aprobar o plan xeral resulta, a xuízo do goberno local "excesiva en relación á demanda real". Ademais, Sanxenxo debe adaptarse ás normas urbanísticas e de protección do medio ambiente, como o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, aprobadas con posterioridade á entrada en vigor do plan de Sanxenxo.
Hai algúns solos que van quedar excluídos dos cambios como o chan urbanizable 3 (9.000 metros cadrados), o 28 (18.780 metros cadrados) e o 15 que é o parque empresarial (650.300 metros cadrados).
O Plan Xeral contempla uns prazos para a aprobación e o desenvolvemento dos solos urbanizables que foron amplamente superados sen desenvolverse os solos. "Estamos, por tanto, ante unha nova oportunidade de mellorar o plan xeral, apostando por un crecemento máis sustentable e máis acorde coa situación actual".
CLASIFICACIÓN DO SOLO DO PXOM DE SANXENXO
As 4.400 hectáreas que abarca o termo municipal de Sanxenxo distribúense da seguinte maneira:
- 1.071 hectáreas de chan urbano e urbanizable que é o 24% do total
- 614 hectáreas de chan rústico - agrícola o 14% do total.
- 986 hectáreas son de núcleo rural tradicional, o 22% de Sanxenxo.
- 1.729 hectáreas de chan protexido, que supón o 40% do total.
Relacionadas:
-
Sanxenxo aproba en pleno desestimar os recursos á suspensión de licenzas
Por Redacción |
-
Telmo Martín, satisfeito coa acollida que tivo a suspensión das licenzas dos chans urbanizables
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo fai un inventario dixital de todas as vías municipais
Por Redacción |
-
Sanxenxo dispón dun ano de prazo para revisar os solos urbanizables suspendidos
Por Redacción |
-
Alertan dunha nova burbulla inmobiliaria en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG acusa a Telmo Martín de favorecer ás promotoras privadas coa rebaixa de chan para vivendas de protección oficial
Por Oskar Viéitez |