A Brilat practica o combate en zonas boscosas
Por Oskar Viéitez
A Brilat organiza uns exercicios para instruír nas capacidades de combate en bosque a unidades do Exército de Terra e outras unidades estranxeiras.
Entre os días 22 e 29 de setembro terá lugar no Campo de Manobras e Tiro de Parga, en Lugo, un exercicio no que se impartirá unhas xornadas para formar a cadros de mando, xefes de sección e pelotón, no combate en zonas boscosas.
O Batallón de Infantería Motorizada "Zamora" I/29, pertencente á Brilat, como unidade de referencia na preparación da Forza Terrestre nestas capacidades será o encargado de dirixir o desenvolvemento das xornadas.
O exercicio, de 36 horas, terá carácter internacional coa participación dos exércitos de Estados Unidos, Reino Unido, Portugal e Italia.
Segundo informa o Ministerio de Defensa, durante este exercicio perfeccionaranse as técnicas de orientación, o uso de diferentes sistemas de navegación, fortificaciones e preparación e execución de emboscadas e contraemboscadas.
Tamén se realizarán prácticas de estabilización e atención a baixas en combate, exercicios con lume real en zona boscosa con pistola, fusil e metralladora en ambiente diúrno e nocturno e melloraranse as capacidades na utilización de elementos de visión nocturna e cámara térmica.