Telmo Martín lamenta os "desplantes públicos" que lle fai a presidenta da Deputación
Por Redacción
Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, manifestou o seu desgusto polo segundo rexeitamento en público realizado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, a concederlle unha reunión. O rexedor da vila turística entende que se trata dun desplante público impropio do respecto institucional que se deben as dúas administracións.
Martín rexeita as argumentacións da presidenta provincial alegando que el nunca presentou unha moción de censura para chegar a ser alcalde de Sanxenxo. E ademais, incide en que se fora así non habería ningún problema porque a moción de censura está perfectamente regulada pola lei de réxime local e pola lei electoral.
O alcalde lembra que na historia de Sanxenxo só houbo unha moción de censura e foi presentada polo Partido Socialista en 1993 e que foi apoiada por un concelleiro do Partido Popular. "Un transfuga", afirma Martín.
Con todo, sinala que no caso actual o anterior alcalde Gonzalo Pita presentou unha renuncia voluntaria por poñer o interese de Sanxenxo antes do seu propio e polo desdén co que Carmela Silva e a Deputación trataron a Sanxenxo, asegura Telmo Martín.
Por último, o dirixente de Sanxenxo cualifica de "rechamantes" as razóns e formas que empregou para comunicarllo. Martín conclúe esperando que a presidenta da Deputación cumpra coa súa palabra e que os veciños non se vexan prexudicados polas decisións que se adopten na institución provincial.
Relacionadas:
-
Carmela Silva responde á carta de Telmo Martín: "excusatio non petita accusatio manifesta"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Carmela Silva recomenda ao PP que tome tila porque "están moi nerviosos"
Por Anxo Lourido |
-
O PP insta á Deputación a crear unha mesa provincial de Turismo
Por Oskar Viéitez |
-
"Que ninguén se atreva", advirte Carmela Silva, a culpar á Deputación do ocorrido en Sanxenxo
Por Alejandro Espiño |