Accidente na estrada a Marín
Por Redacción
Ás cinco e media da tarde, un vehículo saía da vía cando circulaba na rúa da Ruibal, coñecida como a estrada vella entre Pontevedra e Marín. Foi alertado o 112 que avisou a Tráfico e a Urxencias médicas para que se desprazasen ao lugar para atender á persoa que conducía o vehículo.