Vilaboa inicia un novo reparto de composteiros aos veciños
Por Redacción
O Concello de Vilaboa inicia este venres as 20:30 na Casa da Cultura de Riomaior, un novo reparto de composteiros aos veciños despois da boa resposta do programa de compostaxe no fogar realizado entre os meses de marzo e setembro en colaboración coa asociación ambientalista Amigos da Terra e Sogama.
Ademáis este reparto tamén da o pistoletazo de saída ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Con esta iniciativa se persigue o cambio do actual sistema de xestión dos residuos municipais mediante a compostaxe dos residuos orgánicos.
Con este novo sistema que se ten previsto aplicar ao longo dos anos 2018 e 2019, o Concello de Vilaboa busca un importante aforro económico nunha partida que hoxe en día é claramente deficitaria.
No plan de compostaxe do Concello se está a actuar en catro grandes áreas, que son a compostaxe individual, a colectiva, a compostaxe municipal e a mellora das cifras de reciclaxe e separación dos residuos.
O Plan de Residuos de Vilaboa contempla o reparto de 1.250 composteiros individuais nas vivendas dos núcleos dispersos do municipio, a instalación de 10 composteiros comunitarios, a maiores dos tres que están en funcionamento, nos núcleos de máis densidade de poboación e grandes produtores.
Ademais, prevese a implantación da recollida selectiva, o axuste dos puntos ou illas de reciclaxe (cartón, envases, vidro), a implantación de puntos de recollida de ramas e material vexetal, a formación de persoal cualificado e a ampliación do punto verde municipal.
Relacionadas:
-
A compostaxe chega a 65 novos fogares de Vilaboa e Cambados a través de Sogama
Por Redacción |
-
Javier Domínguez visita en Pontevedra o trailer expositivo da campaña "Oportunidades Galicia"
Por Mónica Patxot |
-
A eliminación da recollida do lixo orgánico conlevará a redución da taxa?
Por Oskar Viéitez |
-
O concello distribuirá 8.000 composteiros entre as vivendas unifamiliares con horta
Por Oskar Viéitez |