O xacemento de Castrolandín agarda a súa posta en valor
Por Redacción
Este mércores a Deputación, o Concello de Cuntis e a Fundación Terra Termarum mantiveron unha reunión para falar de diferentes cuestións relativas ao xacemento de Castrolandín.
A este encontro asistiron Santos Héctor, deputado de Turismo da Deputación de Pontevedra; Manuel Campos, alcalde de Cuntis; Enrique Portela, concelleiro de Cultura e Patrimonio; e por parte da Fundación Terra Termarum acudiu a súa presidenta, Susana Arca, o tesoureiro Mario Touceda e Carme Cajide como representante do resto de membros da fundación.
O groso da reunión versou sobre o contido que terá a actuación que fará no Castro de Castrolandín a Deputación en colaboración co Ministerio de Fomento.
Santos Héctor explicou que o proxecto estará en consonancia con outras actuacións que se están a facer noutros xacementos da provincia de Pontevedra.
Ademais, os membros da Fundación aproveitaron para presentarlle ao deputado de Turismo unha serie de proxectos para potenciar e facer de Castrolandín un referente na provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Cuntis xa coñece o proxecto do edificio municipal que albergará o Centro de Interpretación Arqueolóxica
Por Redacción |
-
Unha vintena de empresas, interesadas en musealizar os castros da provincia
Por Redacción |
-
Carmela Silva mediará con Fomento para incluír Castrolandín nos xacementos a recuperar
Por Redacción |