150 prazas en Ponte Caldelas para cursos de actividades profesionais demandadas
Por Redacción
O polígono da Reigosa de Ponte Caldelas lanza unha oferta de formación gratuíta para os próximos meses dirixida a persoas desempregadas. A oferta é para 150 prazas repartidas en dez cursos co obxectivo de inserir laboralmente aos participantes. Trátase de obradoiros de profesións con saída no mercado laboral que teñen unha fase de prácticas en empresas.
Os cursos que se ofertan son: montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión, operación de sistemas informáticos, cociña, inglés, montaxe de instalacións solares térmicas, de instalacións frigoríficas, transporte sanitario, atención sociosanitaria a persoas no domicilio, montaxe de infraestruturas de telecomunicacións en edificios e, por último, operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos.
A duración varía segundo a modalidade e os horarios son, na maioría dos casos, de 09.00 a 14.00 horas.
O primeiro curso en iniciarse será o de Baixa tensión que comezará o 21 de setembro. As persoas interesadas poderán recoller toda a información previa no polígono industrial ou solicitalos directamente na súa oficina de emprego.
Os cursos de Forga que xa se desenvolveron no Concello de Ponte Caldelas xa beneficiaron, segundo o goberno local, a 50 persoas do municipio.