Piden que se manteñan as tres unidades de Educación Infantil no CEIP A Reigosa
Por Oskar Viéitez
As familias do alumnado de quinto e sexto curso de Infantil do CEIP Plurilingüe A Reigosa e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) A Fracha trasladaron este martes ao inspector de Educación e ao xefe territorial de Educación mediante un escrito presentado por rexistro o seu desacordo co agrupamento destas dúas unidades de Educación Infantil.
Os pais non entenden por que mantendo o mesmo número de alumnos do curso pasado nestas dúas unidades se suprime un docente e unha soa mestra ten que atender agora a 21 alumnos de dous niveis de Infantil.
No curso 2016/2017 no CEIP A Reigosa había 12 nenos en cuarto de Infantil, 9 en quinto de Infantil e 12 en sexto de Infantil. Neste curso 2017/2018 hay 11 en cuarto de Infantil e 21 nenos nun agrupamento de quinto e sexto de Infantil, cando a orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, di que "nas aulas de agrupamentos mixtos, nas que se escolarice alumnado de distintos niveis (Primeiro, segundo e terceiro de educación infantil) a ratio máxima reducirase a 20 alumnas e alumnos por aula".
Segundo esta orde, neste centro estase a incumplir coa norma da ratio máxima de alumnos por aula, pois na agrupación mixta que se fixo para este curso escolar hai 21 nenos: 12 de quinto e 9 de sexto de Infantil.
Polo tanto, as familias socilitan que para este curso 2017/1018 se manteñan as tres unidades de Educación Infantil no CEIP A Reigosa como se veu desenvolvendo durante o curso 2016/2017, cumprindo así coa orde anteriormente mencionada, e que se lle asigne ao centro un docente para impartir aulas na correspondente unidade de Infantil que foi suprimida.