Ciencias da Educación e do Deporte rende homenaxe a María Ferreira
Por Redacción
Graduada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, onde cursou tanto Educación Infantil como o mestrado en Investigación en Deporte, Actividade Física e Saúde, a porriñesa María Ferreira perdeu a vida o pasado sábado nun accidente de bicicleta en Asturias, ata onde se desprazara para ver unha das últimas etapas da Vuelta Ciclista a España.
Foi un tráxico acontecemento que deixou un fondo pesar neste centro do campus pontevedrés, que no mediodía deste martes celebrou un minuto de silencio na súa memoria.
O acto contou coa participación dunha representación dos que foron os e as súas docentes, encabezada polos vicedecanos Uxío Pérez, Esther Martínez, José María Pazos e Ezequiel Rey, como de estudantes e persoal e administración e servizos do centro.