Tres feridos leves en dous accidentes ocorridos en Marín
Por Oskar Viéitez
En apenas quince minutos, tres persoas resultaron feridas este martes en dous accidentes ocorridos en Marín.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) tivo constancia do primeiro ás 12:25 horas do mediodía. Tratouse dun coche que chocou contra un terraplén, no punto quilométrico 6.5 da PO-313, no lugar de Silvestre.
Tras recibir a alerta dun particular, o 112 Galicia pasou aviso ás 061-Urxencias Sanitarias e aos axentes de Tráfico. Ademais, informou os Bombeiros do Morrazo e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.
Uns minutos máis tarde, os servizos sanitarios informaban ao 112 Galicia de dúas persoas feridas nunha colisión por alcance entre dous turismos que circulaban pola Avenida de Ourense. Tras recibir o aviso, desde o CIAE informouse a Policía Local, aos Bombeiros e aos efectivos de Protección Civil.