Barro vai investir 300.000 euros en mellorar os equipamentos e infraestruturas
Por Redacción
O Concello de Barro decidiu investir 300.000 euros, do remanente de tesourería, en varios proxectos que servirán para a mellora e a posta á disposición dos veciños de equipamentos, así como a mellora da seguridade e ampliación de viais, a creación dun parque infantil e un proxecto de aforro enerxético en iluminación pública, entre outros.
O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, destacou que todos estes proxectos se poden executar "grazas á boa xestión económica levada a cabo no exercicio de 2016", que fixo que se pecharan as contas con superávit, o que permite investir parte do mesmo dentro das limitacións que pon o Goberno do Estado.
En canto á mellora de equipamentos, vaise colocar carpintería exterior nos locais sociais de Agudelo e Cangrallo; a primeira fase de rehabilitación da antiga escola do lugar de Barro, en cuxa parcela tamén se fará un parque infantil; a dotación dun aseo adaptado no campo de fútbol de Outeiro, e o cerramento da parcela da nave municipal.
Tamén se mellorará a seguridade en viais de Valiñas, Perdecanai e no acceso ao Polígono de Sequeiros, e o remate do pavimento en beirarrúas da rúa do Pazo.
En canto aos proxectos da iluminación pública, vaise repor na rúa Carrasqueira, onde leva varios anos desmantelado, e substituiranse luminarias no Polígono de Sequeiros cun proxecto de aforro enerxético que terá un efecto inmediato na redución do consumo actual.
Relacionadas:
-
O consumo enerxético do alumeado do polígono de Sequeiros será un 75% máis barato
Por Redacción |
-
A estrada de Perdecanai, en obras na primavera de 2018
Por Redacción |
-
O tramo entre a Igrexa de Perdecanai e a Nacional será acondicionado
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación aprobará este venres convenios por máis de 5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |