Unha colisión múltiple sáldase cun home ferido no Grove
Por Redacción
Un home resultou ferido leve despois de producirse un choque entre tres turismos esta tarde no Grove. Segundo indicóuselle ao 112 Galicia, o home foi trasladado con dor cervical a un centro hospitalario.
O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través da chamada dun particular ás 14:40 horas. Indicaba no seu relato que o sinistro tivera lugar na PO-316, na rotonda da saída do pobo, sentido San Vicente.
Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos efectivos do GES de Sanxenxo, aos Bombeiros do Salnés, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada.