A Lama pacta con Turismo de Galicia medidas para mellorar a praia fluvial de Ponte Verdugo
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda, e a directora de Tursimo de Galicia, Nava Castro, asinaron este luns un convenio de colaboración para impulsar unha serie de melloras na contorna da praia fluvial de Ponte Verdugo.
Nesta zona, un dos atractivos turísticos do municipio especialmente durante o verán, levarán a cabo diversas actuacións.
Estes traballos, segundo explicou Nava Castro, contribuirán á adecuación deste espazo natural, no que se creará ademais un aparcadoiro. Tamén organizaranse e regularán os accesos á praia fluvial.
"Non é só unha cuestión de turistas chegados doutras comunidades e países, senón tamén de galegos que viaxan pola súa comunidade para coñecer paisaxes e comarcas das que escoitaron falar", xustificou a responsable de Turismo de Galicia para asinar o convenio de colaboración económica coa Lama.