O goberno local sitúa en 100.000 euros os beneficios xerados en tres meses polas autocaravanas
Por Redacción
A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, realiza un balance moi positivo da creación do aparcadoiro de autocaravanas na parcela de Tafisa. Sinala que desde a súa inauguración e, sobre todo, nos meses de verán e nalgunhas fins de semana, as autocaravanas encheron todo o espazo e víronse obrigadas a estacionar nos arredores.
Desta forma, desde o 18 de maio ata o 31 de agosto, a Policía Local de Pontevedra controlou, a través do Ollomóbil, 665 vehículos neste estacionamento. A eles habería que sumar os que aparcaron nas inmediacións, situando a cifra ao redor das 800 autocaravanas que visitaron a cidade.
Neste período tramitáronse 16 denuncias por superar o período autorizado de estacionamento, que está situado en tres días ao mes, e constatouse que a maioría destes vehículos permaneceron máis dunha noite en Pontevedra.
Segundo as estimacións de gasto que realiza a Asociación Galega de Autocaravanas (AGA) cada autocaravanista gasta unha media de 50 euros ao día. Cada un destes vehículos conta con tres viaxeiros. Desta forma, o cálculo que realiza o goberno local de Pontevedra establece que o gasto realizado na cidade sitúase preto dos 100.000 euros, tomando só como referencia aos 665 vehículos controlados polo Ollomóbil.
A concelleira afirma que para o presidente de AGA, Manuel Fernández Arruty, o único problema que ten esta instalación é "que se queda pequena".
Relacionadas:
-
Marín prepárase para recibir autocaravanas
Por Redacción |
-
Só unha trintena de autocaravanas foron multadas por exceder os tres días de permanencia
Por Alejandro Espiño |
-
Máis dun milleiro de autocaravanas utilizaron a área habilitada en Tafisa
Por Redacción |
-
400 autocaravanas pernoctaron na área de Pontevedra nos últimos catro meses
Por Redacción |
-
Lores sobre a área de autocaravanas: "Era unha espiña que tiñamos cravada"
Por Diego Espiño |