Modifican o PXOM de Sanxenxo a petición dos hoteleiros
Por Oskar Viéitez
A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo notificou este martes ao concello de Sanxenxo a Aprobación Definitiva da Modificación Puntual nº 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sanxenxo, tal e como demandaron os hoteleiros da vila.
A modificación ten por obxecto corrixir erros concretos e aclarar determinacións confusas ou contraditorias que dificultan a aplicación do PXOM.
Non implica reclasificación de solo, nin incremento da intensidade de uso nin alteración dos sistemas xerais previstos no Plan aprobado en 2003.
Segundo a Xunta a súa aplicación mellora a ordenación urbanística vixente, "ao establecer condicións de integración e coordinación no contido das ordenanzas nas que se insire cada zona, en orde a garantir a coherencia tipolóxica e volumétrica".