Do máis vello ao máis novo, Tiro do carro e Xeocaching
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cerdedo-Cotobade vive unha xornada de contrastes este sábado.
Por unha banda se vai celebrar a primeira edición dunha xornada de xeocaching orientada á mocidade e que versará sobre o patrimonio cultural do municipio.
Esta actividade é de balde e está orientada a mozos de entre 14 e 30 anos que deberán ter un teléfono móbil con Google Maps e que dispoña de lector de códigos QR. A actividade, que se desenvolverá no Roteiro do Lérez, inclúe premios de 300, 200 e 100 euros para os tres primeiros clasificados.
Por outra banda, Filgueira celebra a competición do "Tiro do Carro" no marco das festas da Virxe dos Remedios
A proba ten un percorrido de 120 metros costa arriba e unha curva pechada. É unha espectacular competición na que os participantes, en parella ou individualmente, deberán tirar de un antigo carro de campo a través dun xugo de madeira.
O Tiro do Carro terá lugar este sábado ás 18.30 horas.