Reclaman vías verdes a golpes… de pedal
Por Redacción
O día 17 de setembro, aproveitando a celebración da Semana Europea da Mobilidade, as asociacións de ciclistas Pedaladas e A golpe de Pedal Vigo xunto coa Asociación Salinas do Ulló de Vilaboa convocan, por segunda vez, marchas e actos reivindicativos.
Reclaman aos Concellos de Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Redondela e Vigo, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, a Adif e ao Ministerio de Fomento e ao Ministerio de Medio Ambiente unha Vía Verde entre Pontevedra e Vigo aproveitando as vías do tren e camiños xa existentes.
O proxecto reclamado sería unha Vía Verde entre Pontevedra, Redondela e Vigo aproveitando o trazado das vías do tren en desuso, camiños, e estradas secundarias.
Entre Redondela, Chapela e a estación de Urzaiz de Vigo a reclamación é unha senda peonil- ciclista polo trazado de tren agora mesmo abandonada.
A asociación Pedaladas vai facer unha ruta en bicicleta de montaña que complete o percorrido entre Pontevedra (9:00 praza España) e Vigo parando en reunións de manifestantes en Arcade (10:30), Redondela (11:30) e Chapela (12:30). A ruta require de inscrición previa e esta limitada a 49 ciclistas pola lexislación vixente en materia de tráfico e non ser viable organizar unha manifestación multitudinaria e aberta ao público de 72 quilómetros.
A asociación Salinas do Ulló de Vilaboa vai facer unha ruta a pé polas vías do tren entre o local social de Arcade (10:30) a Figueirido (11:30).
A asociación A Golpe de Pedal vai facer unha ruta en bicicleta por Vigo á que se unirá a que chega de Pontevedra sen limite de participantes e de acceso libre que rematará as 14:00 na Porta do Sol.
Relacionadas:
-
A presenza galega en ADIF que podería desatascar varios proxectos en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia pedirá a Fomento unha vía verde no treito ferroviario en desuso entre Pontevedra e Arcade
Por Redacción |
-
Pedaladas 'premia' ás administracións pola súa falta de compromiso coa mobilidade activa
Por Redacción |
-
A diversión substitúe aos coches no campus de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pedaladas celebra a Semana Europea da Mobilidade
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG leva ao Parlamento a vía verde entre Pontevedra e Arcade
Por Redacción |
-
O Adif desafecta a vella liña do tren entre Vilagarcía e Caldas
Por Redacción |
-
Reclaman con marchas a pé e en bicicleta unha Vía Verde entre Pontevedra e Redondela
Por Redacción |