A vendima en Rías Baixas, a pleno rendemento
Por Redacción & Mónica Patxot
Algúns produtores levan días colleitando uva, pero coa entrada da primeira semana de setembro a vendima xeneralízase nas adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas.
É o caso de grandes adegas como por exemplo Condes de Albarei, que este luns iniciou os traballos de recolección de uva en Pazo Baión.
"As expectativas son imellorables, podemos estar falando de que é unha das colleitas máis grandes dos últimos anos e no tocante á calidade a climatoloxía que tivemos este ano axudou en tódolos momentos", sinalou Alberto Barral, responsable de viticultura de Pazo Baión.
No seu caso, nas 24 hectáreas de viñedo do coñecido pazo, espérase colleitar nos próximos días "en torno os 120.000 ou 140.000 quilos de uva", participando como é habitual un importante grupo de persoas ex toxicómanas cumprindo co plan de reinserción que Condes de Albarei comprometeuse a seguir cando se fixo coa súa propiedade.
Trátase unha cantidade similar á do pasado pero que pode concluír cun lixeiro aumento, coincidindo coas previsións da denominación de orixe fixadas nuns 37 millóns de quilos de uva entre as diferentes subzonas.
Segundo as previsións do Consello Regulador, produciranse ao redor de 26 millóns de litros de viño Rías Baixas na colleita de 2017.
Relacionadas:
-
Rías Baixas vendimou no Salnés 25 millóns de quilos de uva
Por Oskar Viéitez |
-
A vendima xeneralízase en Rías Baixas con excelentes perspectivas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- O Condes de Albarei Teucro vai de vendima
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Misión Biolóxica traballa para potenciar o uso de robots no viñedo
Por Oskar Viéitez |
-
Rías Baixas estima un importante incremento de recollida de uva na vendima
Por Redacción |