Feira Franca 2017, unha festa histórica
Por Redacción
A Boa Vila recupera este domingo os séculos perdidos e regresa da Idade Media. Aos poucos vaise disipando o cheiro a churrasco á vez que se varre a palla das rúas e desmóntanse os decorados que este sábado acolleron a miles de persoas. Aínda queda moita ambientación que recoller ao longo dos próximos días.
A zona monumental foi este sábado o epicentro da Galicia máis festeira que abarrotou a cidade e que, felizmente, non viviu incidentes reseñables máis aló dalgúns cortes, lipotimias ou pequenos golpes, segundo reportaron os responsables do servizo médico.
Igualmente os bombeiros felicitáronse da actitude responsable dos participantes na festa que seguiron ao pé da letra as medidas establecidas pola organización para a montaxe dos postos e o uso de grellas.
En canto á Policía Local afanouse en resolver con celeridade as incidencias que ían xurdindo: impedindo a montaxe dalgunhas mesas a establecementos hostaleiros que non as solicitaron e que bloqueaban o paso pola rúa, retirando botellas de alcol a menores, ou regulando os accesos ao recinto desde as principais rúas. Houbo algunha rifa na cola da praza de touros que tamén se resolveu sen maiores consecuencias.
De novo esgotáronse as prazas de aparcadoiro e o #HaiFeiraFranca foi un dos 'trending topic' nacionais da rede social Twitter durante a tarde.
Relacionadas:
-
O Concello ábrese á posibilidade de converter en festivo o día da celebración da Feira Franca
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O Concello califica de "exitosa e espectacular" a XVIII edición da Feira Franca
Por Redacción |
-
GALERÍA 6.- Pillámoste! Saes nas fotos da Feira Franca
Por Diego Torrado |
-
GALERIA 5.- Máis xantares na rúa na Feira Franca
Por Cristina Saiz |
-
GALERIA 4.- Xantares na rúa na Feira Franca
Por Cristina Saiz |
-
GALERÍA 3.- Xente polas rúas na Feira Franca
Por Cristina Saiz |
-
GALERIA 2.- O transporte do viño na Feira Franca
Por Cristina Saiz |
-
GALERIA 1.- Mercado e oficios na Feira Franca
Por Cristina Saiz |