As Cabezas non para!
Por Oskar Viéitez
A romaría de Nosa Señora das Cabezas de Meis volveu congregar este luns en torno ao mosteiro de Armenteira a centos de fieis coas tradicionais cabezas de cera na honra da Virxe, á que se atribúe o poder de mitigar as xaquecas.
O lugar de Armenteira acolleu ao longo do día ata nove misas. Á solemne, a da unha da tarde, acudiu o presidente da Deputación, Rafael Louzán, acompañado dos alcaldes de Ribadumia, Cambados e Meis.
Gran parte dos romeiros achegáronse camiñando ata a localidade, algúns o fixeron xa de madrugada cando aínda resoaban os últimos ecos do concerto de rock. A música continuará o próximo fin de semana coa esperada actuación da orquesta Panorama.
Louzán destacou que este ano á festa súmase un novo atractivo como é a nova Pousada que xa rematou as súas obras.