O profesor Guillerme Vázquez regresa ás aulas
Por Oskar Viéitez
Os alumnos do Instituto de Educación Secundaria Frei Martín Sarmiento foron este luns testemuñas do regreso á vida civil de Guillerme Vázquez, ex portavoz nacional do BNG.
Péchase así unha longa paréntese na vida laboral deste pontevedrés cunha dilatada traxectoria política que lle levou polo Parlamento de Galicia, o Congreso dos Deputados, o Concello de Pontevedra e, nesta recente etapa, á fronte do Bloque Nacionalista Galego.
Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, o profesor Vázquez aparcou o ensino hai 20 anos.
En concreto, foi elixido deputado do BNG no Parlamento de Galicia en 1993 pola circunscripción de Pontevedra, cargo que simultaneou co de concelleiro en Pontevedra a partir de 1995.
En 1996 figura como cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións ao Congreso, e sae elixido. Renovou o posto no ano 2000 e dimitiu no ano 2003, polo que foi substituído por Olaia Fernández Davila.
En 2003 volve ser elixido concelleiro en Pontevedra e ocupa diversas responsabilidades no goberno de coalición do BNG co apoio do PSdeG.
Tralas eleccións galegas do 2009 e a dimisión da executiva en pleno do BNG, foi nomeado voceiro nacional, cargo do que foi relevado o pasado 17 de marzo polo economista Xavier Vence.
Reincorporarse ao posto de traballo, ter un mais que agradable reencontro con alguns compañeir@s.....non está nada, nada mal.
Guillerme Vázquez (@guillermegz) 1 de abril de 2013