Multitudinaria verbena do Combo Dominicano en Ponte Caldelas
Por Redacción
As Festas das Dores acolleron este domingo a multitudinaria verbena do Combo Dominicano. Segundo o Concello máis de 5.000 persoas acudiron á alameda de Ponte Caldelas para seguir o ritmo e as melodías.
O espectáculo rematou pasadas as 4 da madrugada.
O poder de convocatoria desta orquestra esgotou toda a capacidade de aparcamento nos distintos espazos habilitados polo Concello e deixouse tamén notar moito na hostalería local que estivo completamente desbordada ata a medianoite.
O programa musical continúa este luns, coas orquestras Miramar e o DJ Álvaro Malvar. E o martes, chega o remate musical coa verbena ata as 8 da mañá con Armonía Show e os grupos Alkar e Samba. Un evento que enlaza coa xornada festiva local que Ponte Caldelas vivirá o mércores.
Relacionadas:
-
Calculan que unhas 30.000 persoas participaron nos cinco días das Festas das Dores
Por Oskar Viéitez |
-
Caldelas Xoven, música e diversión para estrear as Dores
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas reparte fichas para as festas entre familias sen recursos
Por Redacción |
-
A música enche Ponte Caldelas de vitalidade no inicio das festas das Dores
Por Redacción |