Dous feridos leves na colisión dun coche contra outro aparcado en Sanxenxo
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas, con prognóstico leve, nun accidente de circulación acontecido este sábado en Sanxenxo.
En concreto, o suceso tivo lugar na estrada PO-308 chegando a Portonovo, á altura da rotonda de Baltar.
O choque produciuse ao golpear un turismo contra outro coche que se atopaba estacionado na vía.
Un particular alertou do accidente ao servicio 112 Galicia ás 13:45 horas, que informou do mesmo aos efectivos de Emerxencias Sanxenxo, persoal sanitario e Policía Local.
Ademais tamén deu aviso ao persoal de mantemento de estradas para proceder á limpeza do viario.