Moda e solidariedade daranse cita nun desfile en Barro en favor de Oncomet
Por Redacción
Este sábado 26 de agosto o Pazo da Crega de Barro vivirá o seu lado máis solidario. A partir das 20.30 horas será o escenario dun novo desfile de moda, #BarroFashión Summer 2017, que servirá para recadar fondos para o Grupo de Oncoloxía Médica Transacional (Oncomet), promotor das campañas de crowdfunding a favor da biopsia líquida.
A asociación cultural Amigos da Fervenza da Barosa organiza o evento e fixou unha entrada cun prezo de cinco euros para os maiores de 16 anos. Todos os fondos recadados serán entregados a Oncomet .
A cita reunirá a novos deseñadores e deseñadores consolidados en moda e xoiería, que farán 24 pases, Poderán verse as creacións de Saroka Rosales, Maribel Pelaez ou Marta Portela, Faldaguas, Ana RedMoon, Raquel Guede ou Miriam Coedo e tamén novos deseñadores da escola de moda de Estefanía Carreira e Nuria Savir.
A Escola Técnica de Xoiería do Atlántico volverá ter representación con Leyla Ao-Azmeh, Loló Deseños, Alex Xoias ou Xoiart. Ademais, estarán representandos negocios de moda en Barro, D´Noa, Kukubara e Trasniños, e tamén da comarca de Pontevedra, como Cruz e Punto e Caelum MC de Caldas de Reis e El Vestidor Azul de Cuntis.
O evento contará tamén con artistas multidisciplinares como D´Allegro, e non faltará a música en directo a cargo do grupo Bétula Péndula. Prestarán a súa colaboración solidaria na estética e a maquillaxe, Espazo Belo e Sensharo da Estrada e Isa Nails &Beauty de Moraña, aos 40 modelos