Arden dúas furgonetas e unha caravana aparcadas nunha estrada da Lama
Por Redacción
Os efectivos de emerxencias traballaban a últimas horas desta tarde do xoves nun incendio que afecta a dúas furgonetas e unha caravana. Os tres vehículos atopábanse aparcados nunha estrada da Lama, na zona de Abelaído, na parroquia de Antas.
Segundo os datos facilitados ao 112, o incendio atopábase controlado ao redor das 19.00 horas e ningunha persoa se viu afectada.
Varios veciños alertaran do inicio deste suceso ao redor das 17.00 horas ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 que avisou os Bombeiros do Salnés, á Garda Civil, ao persoal do Concello e ao servizo provincial de incendios forestais.
Desde o 112 informouse tamén aos Bombeiros de Pontevedra, que non chegaron a intervir ao non haber en perigo vidas humanas.