Combarro dá a benvida a unha nova edición da Festa do Mar
Por Diego Espiño
A zona portuaria da Canteira acolleu este mércores a inauguración da XVII Festa do Mar de Combarro, coa apertura da mostra gastronómica.
Desde o primeiro momento a carpa gastronómica encheuse de visitantes para gozar dun dos tres puntos clave da festa, xunto á programación musical e a concentración de embarcacións tradicionais.
Ata o vindeiro domingo 27 de agosto o que se achegue a Combarro poderá gozar de "un dos programas máis ambiciosos da Festa do Mar ao longo destes 17 anos", recoñeceu o concelleiro de Turismo de Poio, Xosé Luís Martínez.
En canto á música, David Civera será o primeiro subir ao escenario da Praza da Chousa, este mesmo mércores a partir das 23:00 horas. Continuarán á mesma hora e lugar, o xoves 24 con Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre e Radio Cos, mentres o venres 25 e o sábado 26 será quenda do Festival Armadiña Rock con grupos como Heredeiros da Crus ou Def con Dos, entre outros.
O domingo 27, a orquestra Capital pechará os concertos da Festa do Mar, cunha oferta musical que se completa coa V Mostra da Canción Mariñeira.
Relacionadas:
-
Combarro recibiu a 114.000 persoas durante os cinco días da Festa do Mar
Por Oskar Viéitez |
-
Fin de festa para unha concorrida edición da Festa do Mar
Por Diego Torrado |
-
25.000 persoas pasaron por unha edición de récord do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock bota por fóra cos Heredeiros da Crus
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Plan especial de tráfico e seguridade para a Festa do Mar
Por Redacción |
-
A Festa do Mar chega á 17 edición á espera do recoñecemento como evento de interese turístico
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
17 bandas encherán Combarro de potencia sonora no Armadiña Rock
Por Anxo Lourido |
-
David Civera, Xabier Díaz e Radio Cos completan co Armadiña Rock os concertos da Festa do Mar de Combarro
Por Redacción |