A rotura dunha tubaxe obriga a pechar ao baño a praia de Caneliñas
Por Redacción
A bandeira vermella ondeou durante este martes na praia de Caneliñas, en Portonovo.
A rotura dunha tubaxe de augas sucias na zona provocou un pequeno vertido no areal, obrigando a izar a bandeira e a prohibir o baño.
Desde a concellería de Medio Ambiente de Sanxenxo confirmaron que a incidencia quedou solucionada ao longo da tarde.
Desta forma a previsión é que a prohibición non se prolongue no tempo e este mesmo mércores póidase permitir o baño na praia.