Os inmigrantes foxen de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Na súa gran maioría viñeron á cidade do Lérez buscando un futuro mellor. Coa crise e ante a certeza de que en Pontevedra non se pode prosperar os inmigrantes márchanse. A intensidade da diáspora repítese en maior ou menor grado en case toda España. En concreto, aquí foron 70 os estranxeiros que deixaron de ser veciños de esta capital durante o último ano.
Malia iso a poboación pontevedresa crece, en 2012 o padrón chegou aos 83.534 habitantes.
Con todo, este fenómeno é noticia porque é a primeira vez dende hai 17 anos na que o municipio perde inmigrantes. No ano 1996 apenas residían 621 estranxeiros a finais do pasado mes de decembro son un total 3.739 dos cales pouco máis dun centenar teñen dereito a voto.
Con ao redor de catrocentos súbditos cada unha, brasileiros, portugueses e colombianos, son as nacionalidades con maior número de residentes. Seguido de cerca por marroquíes, rumanos, venezolanos, senegaleses e chineses, así ata oitenta nacionalidades que conforman esta particular torre de Babel.