Ata que punto nos afectan unha discusión, unha película de terror, unha sesión de exercicio intenso ou calquera outra axitación emocional antes de deitarnos? Xestionamos adecuadamente as últimas horas do día? Sabías que son fundamentais para o resultado de como nos levantaremos?
María González, formadora en benestar, explícanos de forma sinxela que facer para ter un bo sono e por tanto un bo descanso. Que facer para conseguir un sono e descanso reparadores require unhas sinxelas pautas. Escoita este Dale la vuelta de PontevedraViva Radio para tomar nota.
Ademais, María González explica que aínda que o "consciente" descansa durante o sono, o subconsciente segue traballando. Esa actividade do subconsciente pódese usar para atopar solucións ó reconstruír situacións que poden ser de gran axuda cando nos levantamos, reactivamos a nosa consciencia e afrontamos o día a día. Esta habilidade está en todos, só é cuestión de tela en conta e poñerse a iso.