A única Batalla, que sexa de Flores
Por Cristina Saiz
Pontevedra saíu á rúa para gozar dunha nova Batalla de Flores chea de animación e vitalidade, malia a consternación polos últimos acontecementos en Cataluña. Ás 19.00 horas, a comitiva partía de Xosé Malvar e percorría as rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac e Pai Amoedo.
A Policía Local levou a cabo un despregamento importante de efectivos para extremar as medidas de seguridade. A comparsa de xigantes e cabezudos encabezaba a marcha, seguida pola agrupación folclórica 'Os de Algures'.
A primeira carroza foi a do barco pirata de Benito Soto seguida polas estrelas da película Star Wars, de Froiz. Tras elas, os malabaristas con vistas fixeron as delicias de grandes e pequenos que seguían o cortexo.
A carrroza 'A Bela e a Besta', do Concello de Pontevedra recreaba o conto que Disney fixo popular. A continuación, os polis tolos e os 4 paxaros e domadores se adelabantaban á carroza Calesa con Cabalos da Federación de Comercio e o Concello.
Os gaiteiros das Rías Baixas amenizaron a comitiva, seguidos por Lady Xoaniña e pola carroza 'Flamencos'. Funky Party de Troula Animación e un Circo moi especial antecedían á carroza dos Soldados de chumbo. A Charanga Alambique, Mundo Xurásico acompañaban a outra das carrozas máis vistosas, a dos Minnions da Zona Monumental. Pola Vila e Pring e Homes Árbore continuaban a animación para dar paso ás últimas carrozas, a da Patrulla Canina, do Mercantil; a da Sirenita-Cabalos de Mar, do Liceo Casino e a de Toy Story de Avícola de Galicia, que foron acomañadas por Camaleón bobalicón, Pachamama, os cabalos xigantes, a agrupación Os Alegres e o séquito pechábao Elefante Indú.
Miles de persoas apiñáronse nas rúas por onde transcorreu o desfile gozando dunha das citas imprescindibles da Semana Grande das Festas da Peregrina.