Nova homenaxe a Ricardo Portela no Verán Cultural de Cotobade
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade renderá este venres 18 de agosto unha nova homenaxe á figura de Rocardo Portela no 25 aniversario do seu falecemento.
Será dentro da programación do Verán Cultural, no que se lembrará a figura do gaiteiro de Viascón.
"Trátase dunha figura única no eido da cultura e da música galega á que hai que dar a coñecer para que toda a comunidade coñeza a importancia que tivo o influxo que segue a exercer en moitas xeracións de intérpetres", xustificou o presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.
A homenaxe arrincará ás 20:30 horas na Praza do Concello cunha ofrenda floral ante a súa estatua, e continuará ás 21:00 horas cun festival folclórico na que participarán todas as formacións musicais do municipio.
Desta forma os asistentes gozarán das actuacións da Banda Unión Musical de Tenorio, a Asociación Cultural Os Trazantes de Tenorio, Os Abrentes de Cerdedo e a Asociación Cultural Os Afoutes do Canón de Pau, aos que hai que engadir a colaboración do músico Óscar Ibáñez.