Paso definitivo para as empresas poidan presentar ofertas ao novo contrato da auga de Pontevedra
Por Redacción
O Concello de Pontevedra acaba de aprobar o expediente de contratación para o novo contrato de xestión integral do ciclo da auga no municipo. Aprobouse nun Xunta de Goberno extraordinaria celebrada este mércores e supón un paso definitivo para a licitación, pois agora abrirase un prazo de preto de dous meses para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas.
En concreto, segundo anunciou este xoves a alcaldesa accidental, Carme da Silva, unha vez que o expediente de contratación saiga publicado nos boletíns oficiais, abrirase un prazo de 52 días para a presentación das ofertas. A continuación, reunirase a mesa de contratación e o obxectivo que se marcou o Concelo desde un principio é poder licitar o contrato antes de que finalice este ano 2017.
Carme da Silva lembrou que o expediente de contratación propón un contrato a 20 anos prorrogable un máis cun custo anual de 6,5 millóns de euros e supón importantes cambios e mellores con respescto ao contrato actual que xestiona a empresa Viaqua.
Entre outras cuestións, o expediente de contratación recolle que toda empresa que queira aspirar a xestionar o servizo de abastecemento de auga e saneamento de Pontevedra deberá investir, como mínimo, 13 millóns de euros no saneamento do rural. Ademais, a compañía adxudicataria deberá satisfacer un canon de 1,5 millóns de euros en efectivo.
Carme da Silva destaca que con este contrato poderase terminar o saneamento nas parroquias do rural e impulsar la rede de abastecemento. Ademais, a empresa deberá facerse cargo de tres cuestiones que, ata agora, corría por conta da administración municipal ou dos propios consumidores, como a xestión de toda a rede de pluviais, o mantemento e reposición dos contadores e acometidas ou o control de todas as fontes do concello.
Como xa se anunciou, o Concello modificará a ordenanza fiscal en vigor para que, co novo contrato, cada cidadán pague a auga que consuma, eliminando o mínimo que existía ata o momento, 15 metros cúbicos. Ademais, aquelas empresas que oferten executar máis obras obterán máis puntos na mesa de contratación. As melloras están valoradas en case 59 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Dez empresas, entre elas dúas de Pontevedra, optan ao novo contrato da auga
Por Alejandro Espiño |
-
Marea aposta por prorrogar o contrato da auga para avanzar na súa remunicipalización
Por Oskar Viéitez |
-
As empresas interesadas no contrato da auga visitan as infraestruturas hidráulicas de Pontevedra
Por Redacción |
-
O PSOE insta o goberno local a paralizar a privatización da xestión do abastecemento de auga
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE insiste na necesidade de recuperar a xestión do servizo de abastecemento de auga
Por Redacción |
-
O Concello aclara os pregos do contrato da auga para garantir a continuidade do persoal
Por Oskar Viéitez |
-
A nova empresa da auga deberá investir, como mínimo, 13 millóns no saneamento do rural
Por Alejandro Espiño |
-
Completar o saneamento e o abastecemento de auga no rural, cifrado en 56 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
A ausencia de dous edís do PP impide a reprobación ao BNG polo contrato da auga
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |