Barro únese aos municipios con 'lombos' nas súas estradas
Por Redacción
A falta de "pequenos axustes", o Concello de Barro conta xa cos 'lombos' que solicitou á Deputación de Pontevedra dentro do Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (Móvese).
Tres brigadas da empresa Taboada e Ramos instalou nas últimas semanas os reductores de velocidade, ademais de colocar a nova sinalización horizontal e acometer o pintado dos viarios.
As estradas nas que se instalaron os 'lombos', oito en total, son: a EP-0503 Mane-Rebón, a EP-0507 Portela-Valiñas-Portas e a EP-0508 Curro-San Amaro.
Neste último tramo, na zona de Curro-San Amaro, a instalación de pasos de peóns elevados e outros reductores de velocidade completarase unha vez se realicen as obras de acondicionamento do tramo polo que discorre o Camiño de Santiago, do mesmo xeito que na EP-0505 entre a N-550 e a igrexa de Perdecanai.
Segundo explicou o deputado Uxío Benítez, durante este ano instalaranse ata 600 elementos de acougado de tráfico en estradas provinciais despois de recibir máis dun milleiro de peticións por parte dos concellos.
Relacionadas:
-
A Deputación inicia esta semana a mellora da estrada provincial Mane-Rebón
Por Redacción |
-
Os concellos solicitan á Deputación mil lombos máis en toda a provincia
Por Alejandro Espiño |
-
A estrada de Perdecanai, en obras na primavera de 2018
Por Redacción |
-
O tramo entre a Igrexa de Perdecanai e a Nacional será acondicionado
Por Oskar Viéitez |