A praia de Canelas mellora o seu acceso
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, visitaba este luns en compañía do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e da xefa provincial de Costas, Cristina Paz, a praia de Canelas (Sanxenxo) para comprobar o resultado das obras que se levaron a cabo no acceso ao areal.
Nesta obra instaláronse unhas escaleiras de pedra que substitúen a unhas metálicas situadas nesa mesma zona e que tiñan unha pendente excesiva dificultando o acceso á praia.
A actuación contou cun investimento de 38.000 euros e finalizaba neste mes de agosto.
A nova baixada construíuse sobre un noiro natural executando a escaleira en tres tramos.