Deteñen un mozo por tráfico de marihuana no recinto nas Festas da Peregrina
Por Redacción
Un dos operativos especiais de seguridade posto en marcha pola Policía Local de Pontevedra con motivo das Festas da Peregrina permitiu na tarde deste domingo deter un mozo de 20 anos como presunto autor dun delito contra a salúde pública por tráfico de marihuana e haxix.
Segundo informou a Policía Local de Pontevedra, os axentes estaban a realizar labores preventivas de venta e consumo de drogas nos espazos públicos cando sorprenderon o agora detido facendo unha trasacción cun mozo menor de idade.
Os feitos ocorreron sobre as 20.30 horas deste domingo 13 de agosto na avenida Montero Rios, considerada como uno dos epicentros do recinto das festas, con grande cantidade de atraccións e postos de feira instalados e moito tránsito de persoas.
Unha patrulla da Policía Local de Pontevedra observou que un mozo facilitaba a outro un pequeno paquete que extraera dunha mochila a cambio de cartos. Inmediatamente despois, identificaron o comprador e constataron que lle vendera tres 'cogollos' de marihuana. A continuación, procederon á identificación e detención do presunto vendedor.
O mozo levaba no interior da mochila varios utensilios relacionados coa manipulación e consumo de drogas e tamén nove bolsas con 'cogollos' de marihuana, unha landra de haxix e 114,30 euros en metálico.
O presunto comprador era menor de idade, de modo que a Policía Local puxo os feitos en coñecemento dos seus pais e presentou contra el unha denuncia administrativa por tenencia de drogas.
Relacionadas:
-
Un veciño de Bueu cultivaba marihuana no xardín da súa casa e á vista de todos
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Nacional localiza tres menores fuxidos dun centro durante as Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Os veciños queixáronse do ruído procedente do baile de gala do Liceo Casino ao que asistíu Rajoy
Por Redacción |
-
Pontevedra xa está en festas!
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |